Asociación de técnicos do audiovisual de Galicia

Asociación de técnicos do audiovisual de Galicia

Que é ATEGA

ATEGA
nace con espírito de unión e colaboración para acadar unha voz común e establecer un vehículo de expresión das expectativas e necesidades dos técnicos do sector audiovisual en Galicia.

A nosa meta é aglutinar os esforzos dun colectivo cun papel crucial no desenvolvemento do sector e formado por profesionais cualificados que non contaba cunha ferramenta para defender os intereses comúns.

Esta nova asociación para técnicos do audiovisual será a vía de representación, defensa e promoción dos nosos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais.

Outro dos nosos obxectivos é o de apostar pola formación continua mediante cursos, publicacións e outras actividades.

Así, loitaremos por fomentar o recoñecemento do noso prestixio profesional e por conseguir melloras en tódolos aspectos para os profesionais.

Tamén apostamos pola formación continua mediante cursos, publicacións e outras actividades, e polo fomento da solidariedade e o apoio ós afiliados. Para lograr estes obxectivos queremos contar con tódolos asociados, estimulando a súa participación activa na dinámica de ATEGA e establecendo canles fluidos de comunicación e colaboración coas empresas do sector.
 
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack