|
Hola a tod@s: Esta primeira semana estamos facendo probas de funcionamento na nova web. Como primeira publicación queremos deixar constancia do feito de que o sábado 24 tivo lugar a primeira asemblea TACE-ATEGA Galicia. Moito haberá que falar e discutir no noso recén estrado FORO sobre o tema. Coa vosa axuda seguro que poderemos establecer unha liña de debate/traballo/discusión para avanzar. Como primeira valoración queremos simplemente deixar constancia que consideramos un éxito tanto o número de participantes coma o espíritu que se percibiu nos niveis de interese e compromiso dos asistentes. Un primeiro paso esperanzador que augura un futuro, cando menos viable, a esta iniciativa. Quere ser esta primeira ( e provisional ) publicación, un agradecemento a cantos estivéchedes presentes, a cantos fixeron posible esta xornada e a cantos de vos, decidan depositar a confianza e ilusións que precisa este seguinte proxecto da nosa asociación. "O camiño pode ser longo pero non debemos esquecer que para camiñar, por moi lonxe que estea o destiño todo consiste en poñer un pé diante do outro. De momento, andar, sabemos" Moitas grazas a tod@s, e lembrade que dende este novo espazo trátaremos de construir e organizar entre tod@s o instrumento de comunicación que pretendemos que sexa esta renovada páxina WEB. Unha aperta. Juan Morgade. |